Saturday 04 de May de 2024

Charla sobre violencia de xénero a cargo de Carme Adán


 

Carme Adán, autora do libro ‘Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión’ impartiu unha charla no Museo do Traxe Juanjo Linares sobre violencia de xénero. Entre outros aspectos falouse das diferenzas que presenta a violencia de tipo doméstico ou a intrafamiliar. A dita charla, ofrecida o pasado martes, forma parte do programa de actividades arredor da violencia machista organizado pola área de Igualdade e Benestar Social da Deputación da Coruña.